sábado, 18 de mayo de 2019

COÑECENDO ALIMENTOS DA CONTORNA

O alumnado de Educación Infantil, ao longo de todo o curso, nas distintas estacións, foi recollendo e estudando os froitos e, segundo as distintas celebracións, experimentou con eles na cociña, coa axuda das familias. Así, gozou, entre outros moitos froitos, de laranxas, uvas, cabazas e castañas no outono, celebrando con elas o Samaín, o magosto e a vendima; coñeceu outros ingredientes  e cociñou estrelas no Nadal; aproveitou os raios solares para experimentar coa cociña solar e, xa na primavera, comprobou os aromas que desprenden as aromáticas e os brotes de froiteiras que plantara no outono..

 SABORES, OLORES, TEXTURAS, ...CANTAS SENSACIÓNS!
                                            

viernes, 15 de febrero de 2019

"MIRA O QUE COMES"

No curso pasado iniciamos o noso traxecto no coñecemento da alimentación saudable por parte de todo o centro. A etapa de infantil xa levaba anos recomendando un menú orientativo que trataba de equilinrar o consumo de alimentos durante o recreo, así que decidimos estendelo para o beneficio da totalidade. Tamén se comezou a almorzar nas aulas, cinco minutos antes de saír, para mellorar moitos outros aspectos relacionados coa limpeza do centro e a seguridade do alumnado. De paso, iniciouse unha recollida selectiva dos restos e envoltorios, depositándoos nos recipientes axeitados e recollendo os orgánicos para elaborar compost para abonar o horto, facendo uso das novas compostadoras.

Todo isto, coa participación de todo o profesorado e a colaboración do alumnado máis grande, que tratou de oncienciar ao resto con presentacións, charlas, contos e cuestionarios, promocionando unha maneira diferente de consumir e ser respectuosos co medio ambiente. Participamos en innumerables actividades relacionadas coa alimantación e o medio ambiente. O Departamento de Orientación e o alumnado de nee elaboraron unha réplica dun comercio de alimentación e un proxecto competencial para ser utilizado polo alumnado de tódolos niveis. O Equipo Voz Natura facilitou a loxística deste proceso. Finalmente, participamos no Congreso "Aliméntate ben" en Santiago de Compostela.

Como este traballo foi moi gratificante e debe ter continuidade, este xesto de almorzar con calma, sentados na aula xa é unha norma e pasou a formar parte dos nosos bos hábitos. Durante este curso, 2018-2019, estamos levando a cabo moitas actividades en tódolos niveis para coñecer, analizar e mellorar moitos aspectos relacionados coa alimentación e a saúde.

COÑECENDO ALIMENTOS DA CONTORNA

O alumnado de Educación Infantil, ao longo de todo o curso, nas distintas estacións, foi recollendo e estudando os froitos e, segundo as dis...